Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Ofertas de emprego

Inicio » PORTAL DE TRANSPARENCIA » Ofertas de emprego

Neste apartado inserirase, cando se produza, toda a información relativa á convocatoria de concursos públicos para a provisión de vacantes en Sumarte, ben sexan concursos-oposición públicos, cando se trata de postos de traballo de carácter indefinido, ou bolsas de traballo, cando se trate de contratos eventuais.

Publicacións

Anuncio das cualificacións provisionais á fase de concurso para a praza de administrativo ao servizo de Sumarte.

Dase conta da publicación no taboleiro de anuncios na sede de Sumarte:

A Comisión de Selección designada para o proceso de selección para a provisión dunha praza de administrativo, ao servizo da empresa municipal Servizos Urbanos Municipais de Arteixo, S.A. e creación dunha bolsa de contratación, tras a realización da baremación da documentación aportada polos aspirantes na fase de concurso, outorga CUALIFICACIÓNS PROVISIONAIS Á FASE DE CONCURSO (Ver arquivo)

Bases da convocatoria para unha praza de operario/a de limpeza viaria

A presente convocatoria pública ten por obxecto regular a selección dun/a Operario/a, Grupo D.4 para cubrir as necesidades de SUMARTE con respecto á prestación do servizo de limpeza viaria.

Dita contratación fixa materializarase a través da formalización dun contrato laboral indefinido.

As funcións encomendadas, a título enunciativo que non limitativo, serán as seguintes:

  • Limpeza de rúas e prazas, con escoba, escobón e instrumental facilitado.
  • Limpeza de rúas con sopladora, acompañando á maquinaria varredora.
  • Limpeza de xardíns e parques, recollendo e extraendo dos mesmos a sucidade existente.
  • Respecto a os residuos ou lixo depositados fóra de lugar ou ao redor dos contedores, recollelos e clasificalos convenientemente.
  • Baleirado de papeleiras.
  • Quitar herbas e matojos das rúas e beirarrúas.
  • Limpeza de solares e escampados.
  • Realizar traballos de mantemento e limpeza de praias (movemento de pasarelas, varrido, rastrillado…).
  • Traballos de limpeza de baldeo e desinfección.
  • Condución de vehículos de menos de 3.500 kg.

 

Pódense consultar as bases completas da convocatoria premendo o seguinte enlace.

Anuncio apertura plazo acreditación méritos. Plaza administrativo + bolsa contratación. EXP: 2023/E001/000002

A comisión de Selección designada para o proceso de selección para a provisión dunha praza de administrativo, ao servizo da empresa municipal Servizos Urbanos Municipais de Arteixo, S.A. e creación dunha bolsa de contratación, tras a comprobación dos méritos aportados polos aspirantes na Fase de Concurso, determínase que a documentación non resulta suficiente para poder realizar a valoración no apartado de “Experiencia Laboral”, motivo polo que se acorda a apertura dun prazo de diez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio (ver documento anuncio acreditación méritos).

Anuncio acreditación méritos (117 kb)

 

Xustificantes de Publicación:

25/03/24 14:30:00 (74 kb )

Ir al contenido