Filtro xeral

Inicio » SUMARTE E MEDIO AMBIENTE » Campamentos de verán

Dirixido a: nenos, nenas e mozos de entre 6 e 12 anos.

Ubicación: Parque Forestal de Monticaño (Pastoriza)

Datas: última semana de xuño, xullo, agosto e 1ª semana setembro.

Prazas limitadas: 30 prazas por grupo/semana (grupo min. 10 / semana).

HORARIOS

Horario base: 09:00 a 14:00 con opción de bus e posibilidade de 8:30 a 14:30 sen transporte.

PROCESO DE INSCRICIÓN

Enviaranse as solicitudes a través do formulario na web.

Pre inscrición dende a data de publicación. No caso de ser admitido/a recibirá un correo electrónico para proceder a inscrición efectiva.

Máximo dúas semanas por neno e inscrición ata a o 12 de Xuño. Posibilidade de ampliar máis semanas en caso de quedar prazas libres a partires do 13 de xuño.

Prazas adxudicadas por orde de solicitude (prioridade empadroados en Arteixo e/ou abonados Sumarte). 

TARIFAS

  • Empadroados en Arteixo e/ou abonados Sumarte:

  • 1º fillo: 30€

  • 2º fillo: 15€

  • 3º fillo: 0€

  • Non empadroados e/ou non abonados:

  • 1º fillo: 45€

  • 2º fillo: 25€

  • 3º fillo: 15€

 

OBXETIVOS

Ofrecer unha experiencia educativa, ecolóxica e divertida para os nenos, nenas, mozos e mozas fomentando a conciencia medioambiental, enfocada no ciclo da auga a través da natureza e a tecnoloxía, a actividade física, a creatividade e o contacto coa natureza. Esta actividade serve tamén de vehículo para difundir o proxecto PERTE SUMAGUA de dixitalización da auga urbana.

Ir al contenido