
TALLER KOMBUCHA E NAI DO XENXIBRE
Este taller ten obxectivo coñecer os principios básicos da elaboración artesanal de kombucha e nai de xenxibre. Aprender técnicas sinxelas de fermentación e os coidados necesarios para a súa preparación e conservación. Fomentar o aproveitamento de ingredientes naturais e a elaboración caseira de bebidas fermentadas.
Dirixido: Afeccionados á alimentación. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Soledad Saburido @fermentosdameiga
Contidos do temario:
I.Introdución á fermentación natural e aos seus beneficios.
II.Ingredientes, utensilios e pasos básicos para elaborar kombucha.
III.Preparación e mantemento da nai de xenxibre.
IV.Conservación, hixiene e precaucións básicas durante o proceso de fermentación.
V.Cada participante levará a súas preparacións.
Datas e horarios:
-
Sábado 29 de agosto de 10:00 a 14:00h.
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe por día:
- 25 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- 35 € Inscrición Xeral.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
E-mail: cursoseme@sumarte.gal