Aberta a inscrición ao taller do Espazo Municipal Ecolóxico “KOMBUCHA E NAI DO XENXIBRE”

 

TALLER KOMBUCHA E NAI DO XENXIBRE

Este taller ten obxectivo coñecer os principios básicos da elaboración artesanal de kombucha e nai de xenxibre. Aprender técnicas sinxelas de fermentación e os coidados necesarios para a súa preparación e conservación. Fomentar o aproveitamento de ingredientes naturais e a elaboración caseira de bebidas fermentadas.

Dirixido: Afeccionados á alimentación. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Soledad Saburido @fermentosdameiga

Contidos do temario:

I.Introdución á fermentación natural e aos seus beneficios.
II.Ingredientes, utensilios e pasos básicos para elaborar kombucha.
III.Preparación e mantemento da nai de xenxibre.
IV.Conservación, hixiene e precaucións básicas durante o proceso de fermentación.
V.Cada participante levará a súas preparacións.

Datas e horarios: 

  • Sábado 29 de agosto de 10:00 a 14:00h.

Lugar:

Custe por día:

  • 25 €  Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
  • 35 € Inscrición Xeral.

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

 

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

 

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Scroll ao inicio
Ir o contido