Medio ambiente

Espazo Ecolóxico

Un punto de encontro para todas aquelas persoas e familias que desexan participar activamente na protección do noso entorno natural, ofrecendo propostas accesibles, educativas e adaptadas a todas as idades.

Sumarte e Medio Ambiente

/Coidando de tí

A sección Medio Ambiente ten como obxectivo achegar á cidadanía recursos, actividades e programas formativos que promovan o respecto pola natureza e a sustentabilidade. Neste espazo recóllese ampla información sobre os cursos de xardinería e ecoloxía, deseñados tanto para persoas que desexan iniciarse nestes ámbitos como para quen queira perfeccionar coñecementos. A través destas formacións, os participantes aprenderán técnicas de cultivo responsable, mantemento de zonas verdes, identificación de especies vexetais, compostaxe, aforro de auga e outras prácticas orientadas á creación de contornos máis saudables e sostibles.

Así mesmo, a sección inclúe os campamentos de verán e inverno dirixidos aos nenos, unha proposta educativa e lúdica que pretende fomentar desde idades temperás o amor pola natureza. Estes campamentos combinan saídas guiadas ao monte e á praia, xogos cooperativos, talleres de reciclaxe creativa, observación da fauna e actividades de sensibilización ambiental. A través destas experiencias, os máis pequenos teñen a oportunidade de convivir en grupo, descubrir o funcionamento dos ecosistemas e adquirir valores fundamentais como o respecto polo medio, a responsabilidade e a importancia da conservación.

Espazo EcolóxicoHoja integrada con pequeño espacio comunitario.

Parque forestal de Monticaño (Pastoriza)

Medio Ambiente

/Espazo Municipal Ecolóxico

O parque forestal de Monticaño (Pastoriza) é unha das grandes zonas de ocio verde do Concello de Arteixo.

Dispón dunha área de 44.000 m² e unha zona verde con camiño para peóns. Nel pódense encontrar plantacións de piñeiro marítimo, carballo, abedul, acebo e tulla. As vistas son espectaculares, abrangue a bahía da Coruña até Ferrol, e pola outra parte, a Costa da Morte ata Malpica.

Coa creación do Espazo Municipal Ecolóxico reforzase o sector agrícola no concello. Os cursos de formación para grupos reducidos promoven que a cidadanía poida formarse nos diferentes campos da agricultura ecolóxica. 

Formación

/Cursos do Espazo Municipal Ecolóxico

Dende a empresa municipal Sumarte promóvense cursos de ecoloxía e artesanía para concienciar e formar sobre a protección do medio ambiente. Nestes cursos, abordanse temas fundamentais como a conservación da biodiversidade e a xestión sustentable dos recursos naturais.

En cada curso atópase a documentación e información relevante, incluindo nalgúns casos unha galería de imaxes que recolle os mellores momentos de cada formación.

Explora os nosos cursos e segue aprendendo cun enfoque práctico e participativo.

  • Todo
  • Alimentación
  • Carpintería
  • Eco-artesanía
  • Sustentabilidade
  • Xardinería
Taller Plantas de Interior
CURSOS EME

TALLER PLANTAS DE INTERIOR

TALLER PLANTAS DE INTERIOR Este taller ten como obxectivo achegar ás persoas participantes ás técnicas básicas de propagación de plantas de interior, combinando coñecementos teóricos ...
Máis información
Taller tintes naturais en papel e herbario
CURSOS EME

TALLER DE TINTES NATURAIS EN PAPEL E HERBARIO

  TALLER DE TINTES NATURAIS EN PAPEL E HERBARIO O obxectivo do taller é coñecer e experimentar cos tintes naturais aplicados ao papel. Aprenderase a ...
Máis información
Curso básico de Fontanería doméstica
CURSOS EME

CURSO BÁSICO FONTANERÍA DOMÉSTICA

CURSO BÁSICO FONTANERÍA DOMÉSTICA Este curso ten como obxectivo proporcionar coñecementos básicos de fontanería doméstica, permitindo ás persoas participantes identificar, previr e solucionar pequenas avarías ...
Máis información
Curso Cosmética Natural
CURSOS EME

CURSO DE COSMÉTICA NATURAL

    CURSO DE COSMÉTICA NATURAL Este curso ten como obxectivo dar a coñecer os principios básicos da cosmética natural, aprendendo a elaborar produtos sinxelos ...
Máis información
Curso Auto Compostaje
CURSOS EME

TALLER DE AUTO-COMPOSTAXE DOMÉSTICO

  TALLER DE AUTO-COMPOSTAXE DOMÉSTICO Este taller ten como obxectivo dar a coñecer os principios básicos do auto compostaxe doméstico, aprendendo a xestionar correctamente os ...
Máis información
Curso crea túa Composteira
CURSOS EME

CURSO CREA A TÚA COMPOSTEIRA EN MADEIRA RECICLADA

  CREA A TÚA COMPOSTEIRA EN MADEIRA RECICLADA Este taller ten como obxectivo ensinar ás persoas participantes a construír a súa propia composteira empregando madeira ...
Máis información

Para os máis cativos

/Campamentos do Espazo Municipal Ecolóxico

Campamento de Verán SUMAGUA

Experiencia ecolóxica e divertida para nenos de 6 a 12 anos no Parque de Monticaño.

Campamento de Primavera SUMAXOGO

Unha experiencia educativa, ecolóxica e divertida para os nenos, nenas, mozos e mozas fomentando a conciencia medioambiental.

Campamento e talleres de Inverno SUMANEVE

Para nenos e nenas de 6 a 10 anos, en horario de mañá, no entorno natural do Parque de Monticaño en Pastoriza
Scroll al inicio
Ir al contenido