Medio ambiente

Espazo Ecolóxico

Un punto de encontro para todas aquelas persoas e familias que desexan participar activamente na protección do noso entorno natural, ofrecendo propostas accesibles, educativas e adaptadas a todas as idades.

Sumarte e Medio Ambiente

/Coidando de tí

A sección Medio Ambiente ten como obxectivo achegar á cidadanía recursos, actividades e programas formativos que promovan o respecto pola natureza e a sustentabilidade. Neste espazo recóllese ampla información sobre os cursos de xardinería e ecoloxía, deseñados tanto para persoas que desexan iniciarse nestes ámbitos como para quen queira perfeccionar coñecementos. A través destas formacións, os participantes aprenderán técnicas de cultivo responsable, mantemento de zonas verdes, identificación de especies vexetais, compostaxe, aforro de auga e outras prácticas orientadas á creación de contornos máis saudables e sostibles.

Así mesmo, a sección inclúe os campamentos de verán e inverno dirixidos aos nenos, unha proposta educativa e lúdica que pretende fomentar desde idades temperás o amor pola natureza. Estes campamentos combinan saídas guiadas ao monte e á praia, xogos cooperativos, talleres de reciclaxe creativa, observación da fauna e actividades de sensibilización ambiental. A través destas experiencias, os máis pequenos teñen a oportunidade de convivir en grupo, descubrir o funcionamento dos ecosistemas e adquirir valores fundamentais como o respecto polo medio, a responsabilidade e a importancia da conservación.

Espazo EcolóxicoHoja integrada con pequeño espacio comunitario.

Parque forestal de Monticaño (Pastoriza)

Medio Ambiente

/Espazo Municipal Ecolóxico

O parque forestal de Monticaño (Pastoriza) é unha das grandes zonas de ocio verde do Concello de Arteixo.

Dispón dunha área de 44.000 m² e unha zona verde con camiño para peóns. Nel pódense encontrar plantacións de piñeiro marítimo, carballo, abedul, acebo e tulla. As vistas son espectaculares, abrangue a bahía da Coruña até Ferrol, e pola outra parte, a Costa da Morte ata Malpica.

Coa creación do Espazo Municipal Ecolóxico reforzase o sector agrícola no concello. Os cursos de formación para grupos reducidos promoven que a cidadanía poida formarse nos diferentes campos da agricultura ecolóxica. 

Formación

/Cursos do Espazo Municipal Ecolóxico

Dende a empresa municipal Sumarte promóvense cursos de ecoloxía e artesanía para concienciar e formar sobre a protección do medio ambiente. Nestes cursos, abordanse temas fundamentais como a conservación da biodiversidade e a xestión sustentable dos recursos naturais.

En cada curso atópase a documentación e información relevante, incluindo nalgúns casos unha galería de imaxes que recolle os mellores momentos de cada formación.

Explora os nosos cursos e segue aprendendo cun enfoque práctico e participativo.

  • Todo
  • Alimentación
  • Carpintería
  • Eco-artesanía
  • Sustentabilidade
  • Xardinería
Curso Carpintería Básica
Carpintería

TALLER DE CARPINTERIA BASICA

TALLER DE CARPINTERÍA BASICA Este taller ten como obxectivo coñecer e aprender os fundamentos para traballar a madeira, desde o manexo seguro de ferramentas ata ...
Máis información
Curso Vinagres Naturales
Alimentación

TALLER DE VINAGRES CRUS E NATURAIS

TALLER DE VINAGRES CRUS E NATURAIS Neste obradoiro descubriremos o fascinante mundo dos vinagres crus e naturais, aprendendo a elaboralos na casa de forma sinxela. ...
Máis información
Curso Botiquín Natural
CURSOS EME

TALLER BOTIQUÍN NATURAL CON PLANTAS SILVESTRES

TALLER BOTIQUÍN NATURAL CON PLANTAS SILVESTRES Este taller ten como obxectivo coñecer e aprender a preparar o teu propio botiquín natural con plantas silvestres. Coñecerás ...
Máis información
Curso Bebidas Fermentadas Naturales
Alimentación

CURSO DE BEBIDAS FERMENTADAS NATURAIS

CURSO DE BEBIDAS FERMENTADAS NATURAIS Este curso ten como obxectivo coñecer e aprender os principios da fermentación, o uso de fermentos salvaxes e a preparación ...
Máis información
Curso Poda Básica
CURSOS EME

CURSO PRINCIPIOS BÁSICOS DA PODA

CURSO PRINCIPIOS BÁSICOS DA PODA Este curso ten como obxectivo coñecer os principios básicos da poda e da poda ornamental, as súas ferramentas, o mantemento ...
Máis información
Curso Cervezas Artesanas
Alimentación

TALLER ELABORACIÓN E CATA DE CERVEXAS ARTESÁS

TALLER ELABORACIÓN E CATA DE CERVEXAS ARTESÁS Neste taller aprenderás a crear a túa propia cervexa paso a paso, dende os ingredientes ata o embotellado. ...
Máis información

Para os máis cativos

/Campamentos do Espazo Municipal Ecolóxico

Campamento de Verán SUMAGUA

Experiencia ecolóxica e divertida para nenos de 6 a 12 anos no Parque de Monticaño.

Campamento de Primavera SUMAXOGO

Unha experiencia educativa, ecolóxica e divertida para os nenos, nenas, mozos e mozas fomentando a conciencia medioambiental.

Campamento e talleres de Inverno SUMANEVE

Para nenos e nenas de 6 a 10 anos, en horario de mañá, no entorno natural do Parque de Monticaño en Pastoriza
Scroll al inicio
Ir al contenido