Xestións

Preguntas frecuentes

Consulte as respostas ás dúbidas máis habituais sobre os servizos de Sumarte, a facturación, os trámites dispoñibles, a Oficina Virtual e as canles de atención á cidadanía.

Dúbidas habituais

/Respostas rápidas para as súas xestións

Nesta sección reunimos información útil para resolver as principais consultas relacionadas cos servizos municipais xestionados por Sumarte.

Aquí poderá atopar respostas sobre a periodicidade da facturación, os prazos de pagamento, o horario de atención, os trámites dispoñibles na Oficina Virtual e outras cuestións de interese para as persoas usuarias.

Se non atopa a resposta que precisa, pode contactar co servizo de atención á cidadanía a través dos teléfonos 981 65 90 90 ou 900 830 888, por WhatsApp no 698 193 000 ou mediante os correos electrónicos augas@sumarte.gal e sumarte@sumarte.gal.

Sumarte factura cada tres meses aos usuarios.

A oficina de atención ao cliente de Sumarte atópase en:

Edificio de Servizo Múltiples

Travesía de Arteixo, 249 - 2º, 15142 Arteixo, A Coruña

Horario:

De 09:00 horas a 14:00 horas de luns a venres.

Lembrámoslle que temos canles alternativos para o servizo ao cliente:

Atención ao cliente

Soporte WhatsApp

Correo electrónico de augas: augas@sumarte.gal
Correo electrónico oficina central: sumarte@sumarte.gal
Oficina virtual: https://oficinavirtual.sumarte.gal/

A maioría das xestións con Sumarte poderanse realizar en liña, previo rexistro como usuario na nosa Oficina Virtual. Podes darte de alta ti mesmo se contas cos datos da última factura, ou tamén enviando un correo a augas@sumarte.gal solicitando a alta na plataforma.

Voluntaria Inicio Fin Cargo en conta domiciliación Concepto
1 21/01/2022 25/03/2022 28/01/2022 Taxa de auga, saneamento e depuración 4º trimestre 2021
2 11/04/2022 15/06/2022 18/04/2022 Taxa de auga, saneamento e depuración 1º trimestre 2022
3 11/07/2022 14/09/2022 18/07/2022 Taxa de auga, saneamento e depuración 2º trimestre 2022
4 11/10/2022 15/12/2022 18/10/2022 Taxa de auga, saneamento e depuración 3º trimestre 2022

eMe son as siglas do Espazo Municipal Ecolóxico, situado no parque forestal de Monticaño, en Pastoriza, onde se levan a cabo actividades e cursos de formación orientados á agricultura ecolóxica.

A normativa define como posibles usuarios todas aquelas persoas maiores de idade. Ademais, aquelas que teñan cumpridos os 14 anos poderán empezar a facer uso do servizo, sempre que os pais ou titores cubran unha folla de responsabilidade.

Scroll al inicio
Ir al contenido