Sumarte
Información corporativa
Coñeza a actividade de Sumarte, os seus principais ámbitos de actuación e o compromiso da entidade coa xestión eficiente, sostible e responsable dos servizos urbanos municipais de Arteixo.
Compromiso institucional
/Unha xestión orientada á auga, á enerxía e á sustentabilidade
En Sumarte estamos comprometidos coa xestión de servizos vinculados ao ciclo integral da auga, así como coa planificación, execución e explotación das actuacións e instalacións necesarias para garantir unha prestación eficaz dos servizos hidráulicos.
A nosa actividade tamén abrangue ámbitos relacionados coa produción de enerxía, a sustentabilidade e a mobilidade urbana, promovendo boas prácticas, estratexias e tecnoloxías que contribúan ao desenvolvemento responsable dos servizos municipais.
Traballamos cun enfoque técnico, eficiente e orientado ao interese público, co obxectivo de responder ás necesidades de Arteixo e avanzar cara a unha xestión urbana máis sostible.