Medio ambiente

Espazo Ecolóxico

Un punto de encontro para todas aquelas persoas e familias que desexan participar activamente na protección do noso entorno natural, ofrecendo propostas accesibles, educativas e adaptadas a todas as idades.

Sumarte e Medio Ambiente

/Coidando de tí

A sección Medio Ambiente ten como obxectivo achegar á cidadanía recursos, actividades e programas formativos que promovan o respecto pola natureza e a sustentabilidade. Neste espazo recóllese ampla información sobre os cursos de xardinería e ecoloxía, deseñados tanto para persoas que desexan iniciarse nestes ámbitos como para quen queira perfeccionar coñecementos. A través destas formacións, os participantes aprenderán técnicas de cultivo responsable, mantemento de zonas verdes, identificación de especies vexetais, compostaxe, aforro de auga e outras prácticas orientadas á creación de contornos máis saudables e sostibles.

Así mesmo, a sección inclúe os campamentos de verán e inverno dirixidos aos nenos, unha proposta educativa e lúdica que pretende fomentar desde idades temperás o amor pola natureza. Estes campamentos combinan saídas guiadas ao monte e á praia, xogos cooperativos, talleres de reciclaxe creativa, observación da fauna e actividades de sensibilización ambiental. A través destas experiencias, os máis pequenos teñen a oportunidade de convivir en grupo, descubrir o funcionamento dos ecosistemas e adquirir valores fundamentais como o respecto polo medio, a responsabilidade e a importancia da conservación.

Espazo EcolóxicoHoja integrada con pequeño espacio comunitario.

Parque forestal de Monticaño (Pastoriza)

Medio Ambiente

/Espazo Municipal Ecolóxico

O parque forestal de Monticaño (Pastoriza) é unha das grandes zonas de ocio verde do Concello de Arteixo.

Dispón dunha área de 44.000 m² e unha zona verde con camiño para peóns. Nel pódense encontrar plantacións de piñeiro marítimo, carballo, abedul, acebo e tulla. As vistas son espectaculares, abrangue a bahía da Coruña até Ferrol, e pola outra parte, a Costa da Morte ata Malpica.

Coa creación do Espazo Municipal Ecolóxico reforzase o sector agrícola no concello. Os cursos de formación para grupos reducidos promoven que a cidadanía poida formarse nos diferentes campos da agricultura ecolóxica. 

Formación

/Cursos do Espazo Municipal Ecolóxico

Dende a empresa municipal Sumarte promóvense cursos de ecoloxía e artesanía para concienciar e formar sobre a protección do medio ambiente. Nestes cursos, abordanse temas fundamentais como a conservación da biodiversidade e a xestión sustentable dos recursos naturais.

En cada curso atópase a documentación e información relevante, incluindo nalgúns casos unha galería de imaxes que recolle os mellores momentos de cada formación.

Explora os nosos cursos e segue aprendendo cun enfoque práctico e participativo.

  • Todo
  • Alimentación
  • Carpintería
  • Eco-artesanía
  • Sustentabilidade
  • Xardinería
Curso Carbón Activado
CURSOS EME

TALLER DE ELABORACIÓN DE CARBÓN ACTIVADO

TALLER ELABORACIÓN DE CARBÓN ACTIVADO Este ciclo formativo de nutrición do solo, consta de varios talleres curtos de catro horas onde se vai tratar de ...
Máis información
Curso Torno
CURSOS EME

TALLER DE MODELADO E TORNO (ALFARERÍA)

TALLER DE MODELADO E TORNO (ALFARERÍA) Este taller ten como obxectivo coñecer a centenaria historia da Olería, aprender a crear pezas de uso cotiá ou ...
Máis información
Taller Bosques Eternos
CURSOS EME

TALLER DE BOSQUES ETERNOS

TALLER DE BOSQUES ETERNOS   Este taller ten como obxectivo aprender a deseñar e coidar estas fermosas composicións vexetais, combinando arte e natureza. Dirixido: Afeccionados ...
Máis información
Curso Fermentos
Alimentación

TALLER ELABORACIÓN DE FERMENTOS VEXETAIS

TALLER ELABORARIÓN DE FERMENTOS VEXETAIS (CHUCRUT, KIMCHIÑO E SALMOIRA)   Este taller ten como obxectivo aprender a elaborar os teus fermentos vexetais para preservar os ...
Máis información
Curso Preparación bocashi
CURSOS EME

PREPARACIÓN ABONO ORGÁNICO TIPO BOCASHI

CURSO PREPARACIÓN ABONO ORGÁNICO TIPO BOCASHI Este curso ten como obxectivo coñecer e elaborar abonos orgánicos fermentados que en Xapón son coñecidos como Bocashi. Dirixido: ...
Máis información
Curso Incienso naturais
CURSOS EME

PREPARACION DE INCENSOS NATURAIS

TALLER PREPARACION DE INCENSOS NATURAIS Este curso ten como obxectivo aprender a elaborar incensos naturais e artesanais usando ingredientes vexetais da nosa contorna. Dirixido: Afeccionados ...
Máis información

Para os máis cativos

/Campamentos do Espazo Municipal Ecolóxico

Campamento de Verán SUMAGUA

Experiencia ecolóxica e divertida para nenos de 6 a 12 anos no Parque de Monticaño.

Campamento de Primavera SUMAXOGO

Unha experiencia educativa, ecolóxica e divertida para os nenos, nenas, mozos e mozas fomentando a conciencia medioambiental.

Campamento e talleres de Inverno SUMANEVE

Para nenos e nenas de 6 a 10 anos, en horario de mañá, no entorno natural do Parque de Monticaño en Pastoriza
Scroll al inicio
Ir al contenido