Medio ambiente
Espazo Ecolóxico
Sumarte e Medio Ambiente
/Coidando de tí
A sección Medio Ambiente ten como obxectivo achegar á cidadanía recursos, actividades e programas formativos que promovan o respecto pola natureza e a sustentabilidade. Neste espazo recóllese ampla información sobre os cursos de xardinería e ecoloxía, deseñados tanto para persoas que desexan iniciarse nestes ámbitos como para quen queira perfeccionar coñecementos. A través destas formacións, os participantes aprenderán técnicas de cultivo responsable, mantemento de zonas verdes, identificación de especies vexetais, compostaxe, aforro de auga e outras prácticas orientadas á creación de contornos máis saudables e sostibles.
Así mesmo, a sección inclúe os campamentos de verán e inverno dirixidos aos nenos, unha proposta educativa e lúdica que pretende fomentar desde idades temperás o amor pola natureza. Estes campamentos combinan saídas guiadas ao monte e á praia, xogos cooperativos, talleres de reciclaxe creativa, observación da fauna e actividades de sensibilización ambiental. A través destas experiencias, os máis pequenos teñen a oportunidade de convivir en grupo, descubrir o funcionamento dos ecosistemas e adquirir valores fundamentais como o respecto polo medio, a responsabilidade e a importancia da conservación.
Medio Ambiente
/Espazo Municipal Ecolóxico
O parque forestal de Monticaño (Pastoriza) é unha das grandes zonas de ocio verde do Concello de Arteixo.
Dispón dunha área de 44.000 m² e unha zona verde con camiño para peóns. Nel pódense encontrar plantacións de piñeiro marítimo, carballo, abedul, acebo e tulla. As vistas son espectaculares, abrangue a bahía da Coruña até Ferrol, e pola outra parte, a Costa da Morte ata Malpica.
Coa creación do Espazo Municipal Ecolóxico reforzase o sector agrícola no concello. Os cursos de formación para grupos reducidos promoven que a cidadanía poida formarse nos diferentes campos da agricultura ecolóxica.
Formación
/Cursos do Espazo Municipal Ecolóxico
Dende a empresa municipal Sumarte promóvense cursos de ecoloxía e artesanía para concienciar e formar sobre a protección do medio ambiente. Nestes cursos, abordanse temas fundamentais como a conservación da biodiversidade e a xestión sustentable dos recursos naturais.
En cada curso atópase a documentación e información relevante, incluindo nalgúns casos unha galería de imaxes que recolle os mellores momentos de cada formación.
Explora os nosos cursos e segue aprendendo cun enfoque práctico e participativo.
- Todo
- Alimentación
- Carpintería
- Eco-artesanía
- Sustentabilidade
- Xardinería
TALLER DE COROAS OUTONAIS NATURAIS
CURSO DE CULTIVO DE PEQUENOS FRUTOS DO BOSQUE
TALLER DE SHIITAKE EN TRONCO DE CARBALLO
TALLER DE ARRANXOS FLORAIS
TALLER MICORRIZACIÓN DE ÁRBORES
CURSO «O ABC DA AGRICULTURA ORGÁNICA»
Para os máis cativos






