Unha experiencia educativa, ecolóxica e divertida para os nenos, nenas, mozos e mozas fomentando a conciencia medioambiental, enfocada no ciclo da auga a través da natureza e a tecnoloxía, a actividade física, a creatividade e o contacto coa natureza. Esta actividade serve tamén de vehículo para difundir o proxecto PERTE SUMAGUA de dixitalización da auga urbana.
Nenos, nenas e mozos de entre 6 e 12 anos
Parque Forestal de Monticaño (Pastoriza)
Última semana de xuño, xullo, agosto e 1ª semana setembro
30 prazas por grupo/semana (grupo min. 10 / semana)
Proceso de inscrición
Enviaranse as solicitudes a través do formulario na web.
Pre inscrición dende a data de publicación. No caso de ser admitido/a recibirá un correo electrónico para proceder a inscrición efectiva.
Máximo dúas semanas por neno e inscrición ata a o 12 de Xuño. Posibilidade de ampliar máis semanas en caso de quedar prazas libres a partires do 13 de xuño.
Prazas adxudicadas por orde de solicitude (prioridade empadroados en Arteixo e/ou abonados Sumarte).
Horarios
09:00 a 14:00 con opción de bus
posibilidade de 8:30 a 14:30 sen transporte
Tarifas
Empadroados en Arteixo e/ou abonados Sumarte
Non empadroados e/ou non abonados