
TALLER PLANTAS DE INTERIOR
Este taller ten como obxectivo achegar ás persoas participantes ás técnicas básicas de propagación de plantas de interior, combinando coñecementos teóricos cunha práctica directa no viveiro.
Dirixido: Afeccionados xardiñería. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Estefanía Jacinto (Aira da Curutela)
Contidos do temario:
I. Identificación e comprensión das diferentes técnicas (puga de talo e folla,
división de mata e sementeira), así como das necesidades de luz e rega de cada
planta.
II. Técnicas de corte e acondicionamento do material para favorecer un correto
enraizamento.
III. Preparación de mesturas específicas, empregando compost, humus e
microorganismos.
IV. Realización de pugas, división de mata e sementeira, xunto con recomendacións
básicas de mantemento para asegurar o éxito na casa.
Duración: 4 Horas