O cultivo tradicional de shiitake en troncos: unha tradición milenaria que podes recuperar na casa

O cultivo de shiitake (Lentinula edodes) ten a súa orixe en Asia, especialmente en China e Xapón, onde se practica desde hai centos de anos. As primeiras técnicas coñecidas remóntanse á China da dinastía Song (séculos X-XIII)
Antigamente, os agricultores observaban que estes cogomelos aparecían de maneira natural nos troncos de árbores mortas ou cortadas, especialmente en madeiras duras. Para favorecer a súa aparición, comezaron a colocar troncos recentemente cortados preto doutros onde xa medraban shiitakes, facendo pequenos cortes na madeira para facilitar a colonización polos fungos.

Co paso do tempo, os métodos foron perfeccionándose ata chegar á técnica que utilizamos hoxe: inocular os troncos con micelio, introducíndoo en pequenos buratos realizados na madeira e selándoos posteriormente. Así, o fungo coloniza pouco a pouco o interior do tronco ata que, cando as condicións son favorables, comeza a producir cogomelos.

Esta forma de cultivo tradicional mantívose durante xeracións e hoxe representa unha alternativa interesante aos sistemas industriais que utilizan substratos preparados e instalacións con temperatura e humidade controladas.

O máis atractivo desta práctica é que nos permite transformar un simple tronco de madeira nun pequeno produtor de alimentos. É unha maneira de achegarnos ao fascinante mundo dos fungos, recuperar técnicas tradicionais e descubrir que a natureza nos ofrece recursos que moitas veces pasan desapercibidos.

«E se un tronco de madeira puidese converterse na túa propia horta de cogomelos? Aprende a cultivar shiitake dunha maneira natural e sostible, recuperando unha técnica tradicional milenaria coa que poderás producir os teus propios cogomelos na casa».

TALLER SHIITAKE EN TRONCO DE CARBALLO

Este taller ten como obxectivo coñecer e aprender a técnica de la inoculación do micelio de shii-take, ademais dos tipos de adeira onde se pode realizar, a época máis adecuada…

Dirixido: Afeccionados a micoloxía. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Santiago Liñeira

Contidos do temario:

I. Técnica de Inoculación do micelio de Shii-take en tronco de carballo.
II. Tipos de madeira onde se pode realizar. Incubación do micelio.
III. Época adecuada para realizar a técnica.
IV. Produción e recolección do shii-take
V. Calidades e comercialización do shii_take.

Datas e horarios:

Venres 20 de novembro de 16:00 a 20:00 h

Lugar:

 

 

 

 

Custe:

  • 15 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte e asimilados.
  • 25 € (Inscrición Xeral)

 

O remate do curso cada un levará o seu tronco de shiitake

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte.

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Scroll ao inicio
Ir o contido