Aprobación do padrón de taxas da auga e saneamento correspondente a outubro de 2026

SUMARTE, S.A. aprobou o padrón correspondente á prestación dos servizos de abastecemento de auga potable, subministración de auga no Polígono Industrial de Sabón, saneamento municipal, depuración de augas residuais e repercusión do canon da auga da Xunta de Galicia, correspondente á facturación do mes de outubro de 2026. 

O padrón inclúe un total de 75 recibos, por un importe global de 313.764,17 euros.

A exposición pública do padrón realizarase durante 15 días contados desde a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, servindo este anuncio como notificación colectiva para todas as persoas contribuíntes. (Ver aquivo)

As persoas interesadas poderán presentar recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte á finalización do período de exposición pública.

O período voluntario de pagamento permanecerá aberto ata o 23 de xaneiro de 2027.

Os pagos poderán realizarse:

  • Nas oficinas de SUMARTE.
  • Nas oficinas, caixeiros automáticos ou banca electrónica de Abanca.
  • A través do servizo de pagamento en liña dispoñible na web de SUMARTE.

As persoas usuarias que teñan domiciliado o recibo nunha entidade financeira verán efectuado o cargo na conta indicada de forma automática.

O anuncio foi asinado por José Manuel Álvarez-Campana Gallo, director-xerente de SUMARTE, con data 23 de novembro de 2026.

Scroll ao inicio
Ir o contido