REPRODUCCION DE PLANTAS SEN SEMENTES
Este curso ten coma obxectivo prioritario coñecer as técnicas básicas para a propagación vexetativa de plantas, utilizando as pugas (esquejes), para horta e o xardín.
Dirixido a: Afeccionados á horta e/o xardín. Nivel INICIACIÓN.
Equipo formativo: Andrés Graña (Mestre do CFEA Guísamo) e persoal docente do Espazo Municipal Ecolóxico (eMe)
Contidos do temario:
- Importancia das pugas.
- Selección do material vexetal. Elección de especies.
- Época adecuada para facer pugas.
- Ferramentas necesarias e o seu correcto uso.
- Preparación de substratos para o enraizamento.
- Fisioloxía vexetal das pugas.
- Hormonas de enraizamento.
- coidados e condicións ambientais durante o enraizamento
Duración: 4 Horas
Datas e horarios:
- Sábado 26 de Abril de 10:00 a 14:00 h.
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe:
- 15 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- 25 € Inscrición Xeral.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/\rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MATERIAL NECESARIO PARA PARTICIPAR NO CURSO: Luvas e botas de traballo.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
E-mail: cursoseme@sumarte.gal