Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio » Aberto o prazo de inscrición ó curso do Espazo Municipal Ecolóxico «TALLER DE FERMENTADOS VEXETAIS «

TALLER DE FERMENTADOS VEXETAIS

(CHUCRUT, KIMCHIÑO E SALMOIRA)

Este taller ten como obxectivo aprender a elaborar os teus fermentos vexetais para preservar os alimentos, alargar a súa vida e mellorar a nutrición.

Dirixido: Afeccionados a cociña. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Soledad Saburido

Contidos do temario:

I. Introducción a fermentación, tipos e características.
II. A microbiota e os diferentes tipos de microorganismos que levan a
cabo as fermentacións.
III. Materiais que precisaremos e algúns datos técnicos.
IV. Lactofermentación de vexetais. Elaboración de vexetais fermentados:
Chucrut, Kimchiño, salmoira.
V. Degustación de distintos tipos de fermentos.

 

Duración: 4 Horas

Datas e horarios: 

  • Sábado 13 de setembro de 10:00 a 14:00 h

Lugar:

Custe:

  • 15 € (inscrición) + 15€ (material) para os empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
  • 25 € (Inscrición Xeral) + 15€ (material)

 

Ao remate do curso cada participante levará as súas elaboracións en tarros.

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido