CURSO «O ABC DA AGRICULTURA ORGÁNICA»
O Espazo Municipal Ecolóxico segue apostando pola formación práctica e útil para quen quere producir dun xeito sostible. Despois dos cursos impartidos dende o mes de marzo ate o de agora, traemos un curso de tres días da man dun dos maiores referentes da agricultura orgánica a nivel mundial: Jairo Restrepo Rivera.
O equipo formativo
Jairo Restrepo, enxeñeiro agrónomo, consultor e formador, leva máis de 35 anos compartindo coñecemento e experiencias arredor da agricultura orgánica. É coñecido polo seu proxecto “La mierda de vaca” e polos máis de 30 países nos que impartiu cursos. Nado en Colombia e residente en Brasil, leva toda a súa vida traballando en técnicas para mellorar a fertilidade e a vida dos chans, reducindo a dependencia de produtos externos e apostando por unha agricultura respectuosa co medio.
¿Que imos facer?
Durante estes tres días aprenderemos, de forma práctica e participativa, como:
-
Aumentar a fertilidade do chan e mantelo vivo.
-
Aproveitar mellor os recursos naturais locais.
-
Reducir a dependencia dos insumos de fóra.
-
Recuperar o control sobre as explotacións e gañar autonomía.
É unha oportunidade única para aprender directamente dun referente internacional e compartir experiencias entre persoas que buscan producir alimentos dun xeito máis consciente e rexenerativo.
Detalles do curso
Duración: 24 Horas ( 3 días )
Datas e horarios:
-
23-24-25 de Outubro de 10:00 a 14:00h e 15:30 a 19:30h (inclúe pausa-café)
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe:
- 105 € (inscrición BONIFICADA) para empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte ou biciArteixo e asimilados.
- 210 € (Inscrición XERAL)
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
30 prazas por orde de inscrición.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
E-mail: cursoseme@sumarte.gal