
TALLER DE VINAGRES CRUS E NATURAIS
Neste obradoiro descubriremos o fascinante mundo dos vinagres crus e naturais, aprendendo a elaboralos na casa de forma sinxela.
Exploraremos as súas múltiples aplicacións cotiás e remataremos cunha deliciosa degustación.
Dirixido: Afeccionados a cociña. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Soledad Saburido
Contidos do temario:
I. Vinagres crus e naturais: os seus miles de posibilidades.
II. O vinagre, a fermentación acética
III. Elaboración de vinagre en casa, método simplificado
IV. Usos do vinagre cru: vinagre para beber, usos na cociña, como tónico de saúde, no fogar, na horta.
V. Peche e degustación
Duración: 5 Horas