Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio » Aberto o prazo de inscrición ó curso do Espazo Municipal Ecolóxico «TALLER DE XABÓNS NATURAIS – 3ª EDICION»

 

TALLER DE XABONS NATURAIS

Este taller ten coma obxectivo coñecer as técnicas para elaborar xabóns artesáns e naturais con ingredientes respectuosos coa pel e co medio. Exploraremos técnicas sinxelas, aromas naturais e propiedades dos aceites vexetais. Promóvese un consumo responsable e consciente, reducindo o uso de produtos industriais e envases innecesarios.

Dirixido: Afeccionados á eco-artesanía. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Claudia Moar

Contidos do temario:

I.Introdución á xabonería artesanal: principios da saponificación, materias primas (aceites, álcalis, líquidos e aditivos) e normas de seguridade.
II.Elaboración conxunta dunha fórmula de xabón mediante proceso en frío, combinando diferentes aceites vexetais. Cada participante levará o xabón elaborado.
III.Elaboración dunha receita de xabón con leite: adaptación da fórmula, control de temperaturas, prevención da caramelización e particularidades do proceso.
IV.Extracción do aceite a partir de oleatos: técnicas de maceración, filtrado e aplicación dos extractos oleosos na formulación de xabóns.

Duración: 4 Horas

Datas e horarios: 

  • Sábado 7 de febreiro de 10:00 a 14:00 h

Lugar:

Custe:

  • 25 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte / biciArteixo e asimilados.
  • 35 € (Inscrición Xeral)

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido