Filtro xeral

Inicio » Aberto o prazo de inscrición ó curso do Espazo Municipal Ecolóxico «PLANTAS DE INTERIOR»

TALLER DE PLANTAS DE INTERIOR

Este taller ten como obxectivo achegar ás persoas participantes ás técnicas básicas de propagación de plantas de interior, combinando coñecementos teóricos cunha práctica directa no viveiro.

Dirixido: Afeccionados xardiñería. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Estefanía Jacinto (Aira da Curutela)

Contidos do temario:

I. Identificación e comprensión das diferentes técnicas (puga de talo e folla,
división de mata e sementeira), así como das necesidades de luz e rega de cada
planta.
II. Técnicas de corte e acondicionamento do material para favorecer un correto
enraizamento.
III. Preparación de mesturas específicas, empregando compost, humus e
microorganismos.
IV. Realización de pugas, división de mata e sementeira, xunto con recomendacións
básicas de mantemento para asegurar o éxito na casa.

 

Duración: 4 Horas

Datas e horarios: 

  • Sábado 28 de febreiro de 10:00 a 14:00 h

Lugar:

Custe:

  • 15 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte / biciArteixo e asimilados.
  • 25 € (Inscrición Xeral)

 

Ao remate do curso cada participante levará as súas plantas e pautas de coidado.

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido