O Servizo Municipal de Augas avisa de que o suministro de auga verase afectado o vindeiro Xoves 18 de xuño, entre as 00:01 e as 06:00h aproximadamente, co obxectivo de acometer melloras na rede xeral.
O suministro sufrirá, salvo imprevistos,cortes ou variacións nas seguintes rúas:
- AVENIDA DE ARSENIO IGLESIAS
- LUGAR DO RAÑAL
- PARROQUIA DE MORÁS
- MORÁS
- UXES
- FREÁN
- SANTA ICIA
- SOUTO
- CANZOBRE
- A ZAPATEIRA
O Servizo de Augas aconsella aos usuarios vixiar especialmente non deixar ningunha billa aberta e non usar lavadoras ou lavalouzas durante o restablecemento do servizo.
Rogamos desculpen as molestias.