Sumarte
Cada canto tempo factura Sumarte?
Sumarte factura cada tres meses aos usuarios.
Cal é o seu horario de oficina?
A oficina de atención ao cliente de Sumarte atópase en:
Edificio de Servizos Múltiples
Travesía de Arteixo, 249 – 2º
Ligazón a Google Maps
HORARIO
De 09:00 horas a 14:00 horas de luns a venres
Lembrámoslle que temos canles alternativos para o servizo ao cliente:
Teléfonos de Atención ao Cliente
WhatsApp:
Correo electrónico de augas augas@sumarte.gal
Correo electrónico oficina central sumarte@sumarte.gal
Oficina virtual: https://oficinavirtual.sumarte.gal/
Que trámites poderanse realizar na Oficina Virtual?
PROXIMAMENTE
- Alta de subministración, tanto para un contrato novo sen rexistro como para clientes rexistrados que queiran dar de alta outras subministracións a partir dos propios datos.
- Baixa de subministración.
- Cambio de titularidade da subministración.
- Domiciliación bancaria.
- Facturación electrónica.
- Reclamacións económicas relacionadas coa subministración.
- Suxestións, reclamacións ou queixas sobre a prestación do servizo.
- Lectura e intervencións no seu contador.
- Cambio de domicilio para o envío de documentación.
- Modificación de datos do usuario, recordándolle que os seus cambios terán influencia no rexistro de usuario.
Teño que ir á oficina para realizar todos os trámites?
A maioría das xestións con Sumarte poderanse realizar online, previo rexistro como usuario na nosa Oficina Virtual. Podes darte de alta ti mesmo se contas cos datos da ultima factura, ou tamén mandando un correo a augas@sumarte.gal solicitando a alta na plataforma.
Canto tempo teño para pagar a miña factura?
Voluntaria | Inicio | Fin | Cargo en conta domiciliación | Concepto |
1 | 21/01/2022 | 25/03/2022 | 28/01/2022 | Taxa de auga,saneamento e depuración 4º trimestre 2021 |
2 | 11/04/2022 | 15/06/2022 | 18/04/2022 | Taxa de auga,saneamento e depuración 1º trimestre 2022 |
3 | 11/07/2022 | 14/09/2022 | 18/07/2022 | Taxa de auga,saneamento e depuración 2º trimestre 2022 |
4 | 11/10/2022 | 15/12/2022 | 18/10/2022 | Taxa de auga,saneamento e depuración 3º trimestre 2022 |
¿Que significa EME?
eMe son as siglas do Espazo Municipal Ecolóxico, ubicado no parque forestal de Monticaño (Pastoriza) e onde se levan a cabo actividades e cursos de formación orientados a agricultura ecolóxica.
¿Hay unha idade mínima para ser usuario de biciArteixo?
A normativa define como posibles usuarios a todos aqueles que sexan maiores de idade, máis cubrindo unha folla de responsabilidade polos pais ou titores, aqueles que teñan cumplido os 14 anos poderán empezar a facer uso do servizo.