
TALLER ELABORACIÓN E CATA DE CERVEXAS ARTESÁS
Neste taller aprenderás a crear a túa propia cervexa paso a paso, dende os ingredientes ata o embotellado. Remataremos cunha cata para gozar e compartir todos xuntos.
Dirixido: Afeccionados á gastronomía. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Marta Galán
Contidos do temario:
I. Entender o proceso de elaboración a cervexa e o papel de cada un dos seus ingredientes.
Verémolos, tocaremos e cheiraremos para aprender a identificalos.
II. Entender o que define os diferentes estilos de cervexa e os seus matices. Que hai máis
aló de «loura», «tostada», «negra» ou «trigo»?
III. Artesá e industrial Que é iso? Mito ou realidade?
IV. Nocións de cata e maridaxe simples para poder recoñecer os nosos gustos e
preferencias.
V. Cata de 4 variedades de cervexa e 4 queixos para facer a experiencia máis completa.
Duración: 4 Horas
Datas e horarios:
-
Venres 21 de novembro de 16:00h a 20:00h
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe:
- 15 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte e asimilados.
- 25 € (Inscrición Xeral)
Inscrición: Envía a túa solicitude enchendo o formulario que atoparás ao picar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte.
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas e terán prioridade na próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Oficina de Atención ao cliente de Sumarte: 981 65 90 90 – – – 900 830 888
Espazo Municipal Ecolóxico: 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: 698 193 000
E-mail: cursoseme@sumarte.gal