Filtro xeral

Inicio » Aberto o prazo de inscrición ao taller do Espazo Municipal Ecolóxico «Agricultura Ecolóxica Urbana»

TALLER DE AGRICULTURA ECOLÓXICA URBANA

Este taller ten coma obxectivo capacitar ás persoas participantes para deseñar e manter unha horta ecolóxica urbana en espazos reducidos, empregando técnicas sostibles e respectuosas co medio ambiente. Promover o autoconsumo de alimentos frescos, a biodiversidade e o uso responsable dos recursos naturais.

Dirixido: Afeccionados á horta e xardín. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Persoal EME

Contidos do temario:

I.Deseño e planificación da horta urbana: aproveitamento do espazo, orientación e selección de recipientes ou mesas de cultivo.
II.Preparación de substratos e abonado ecolóxico: elaboración e uso de compost e abonos orgánicos para mellorar a fertilidade do solo.
III.Técnicas de sementera e cultivo: creación de sementeros, trasplantes e planificación segunda os calendarios estacionais.
IV.Manejo sostible dos cultivos: asociación e rotación de cultivos para optimizar a produción e conservar a saúde da terra.
V.Prevención e control ecolóxico de pragas e enfermidades: utilización de métodos naturais e remedios ecolóxicos para o coidado das plantas.

 

Duración: 4 Horas

Datas e horarios: 

  • Venres 27 de Xuño de 10:00 a 14:00 h.

Lugar:

Custe:

  • 15 €  Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
  • 25 € Inscrición Xeral.

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido