Filtro xeral

Inicio » Aberto o prazo de inscrición ó curso do Espazo Municipal Ecolóxico «ALIMENTACIÓN ANTI-INFLAMATORIA E HÁBITOS SAUDABLES»

 

TALLER ALIMENTACIÓN ANTI-INFLAMATORIA E HÁBITOS SAUDABLES

Este taller ten como obxectivo dar a coñecer os principios básicos dunha alimentación anti-inflamatoria, aprendendo a identificar alimentos beneficiosos e a incorporar hábitos saudables na vida diaria. Promóvese un estilo de vida consciente, equilibrado e respectuoso co corpo, contribuíndo á prevención de enfermidades e á mellora do benestar xeral.

Dirixido: Afeccionados a alimentacio n e saú de. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Aránzazu Fernández (Nutricionista Terapéutica)

Contidos do temario:

I. Comprendendo a inflamación e o seu impacto na saúde. Que é a inflamación e cal é a súa función no organismo. Factores que favorecen a inflamación: alimentación, estrés, sedentarismo e falta de descanso.

II. Fundamentos da alimentación antiinflamatoria. Papel da microbiota intestinal na regulación da inflamación. Introducción ao concepto de alimentación consciente e intuitiva.

III. Alimentos antiinflamatorios e proinflamatorios. Identificación de alimentos que axudan a reducir a inflamación. Alimentos que poden favorecer procesos inflamatorios.

IV. Organización e planificación dunha alimentación saudable. Estratexias para manter hábitos sostibles no tempo.

V. Hábitos de vida que complementan a alimentación. Xestión do estrés mediante técnicas sinxelas (respiración, atención plena).

 

Duración: 3 Horas

Datas e horarios: 

  • Sábado 9 de maio de 11:00 a 14:00 h

Lugar:

Custe:

  • 15 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte / biciArteixo e asimilados.
  • 25 € (Inscrición Xeral)

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido