Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio » Aberto o prazo de inscrición ó curso do Espazo Municipal Ecolóxico «CREA A TÚA COMPOSTEIRA EN MADEIRA RECICLADA»

 

CREA A TÚA COMPOSTEIRA EN MADEIRA RECICLADA

Este curso ten como obxectivo ensinar ás persoas participantes a construír a súa propia composteira empregando madeira reciclada, fomentando a reutilización de materiais, a redución de residuos e a práctica do compostaxe doméstico de maneira sostible e económica.

Dirixido: Afeccionados a xardinería. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Personal EME

Contidos do temario:

  1. Introdución ao compostaxe doméstico.

  2. Tipos de composteiras e vantaxes da composteira de madeira.

  3. Materiais reciclados necesarios e ferramentas básicas.

  4. Deseño e medidas dunha composteira doméstica.

  5. Montaxe da composteira en madeira reciclada.

  6. Consellos de mantemento e colocación da composteira.

 

Duración: 4 Horas

Datas e horarios: 

  • Sábado 17 de xaneiro de 10:00 a 14:00 h

Lugar:

Custe:

  • 15 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte / biciArteixo e asimilados.
  • 25 € (Inscrición Xeral)

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido