
CURSO DE COSMÉTICA NATURAL
Este curso ten como obxectivo dar a coñecer os principios básicos da cosmética natural, aprendendo a elaborar produtos sinxelos para o coidado da pel e do cabelo a partir de ingredientes naturais, seguros e respectuosos coa saúde e co medio ambiente. Promóvese un consumo responsable e consciente, reducindo o uso de produtos industriais e envases innecesarios.
Dirixido: Afeccionados á cosmética. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Nines Dominguez
Contidos do temario:
I.Que é a cosmética natural: conceptos básicos e beneficios.
II.Diferenzas entre cosmética convencional e cosmética natural.
III.Ingredientes básicos: aceites vexetais, manteigas, ceras e extractos naturais.
IV.Hidrolatos, aceites esenciais e o seu uso seguro.
V.Hixiene, conservación e boas prácticas na elaboración.
VI.Elaboración práctica de produtos cosméticos naturais (crema hidrante, crema do corpo e bálsamo labial). Levarás as túas preparacións.
Duración: 4 Horas
Datas e horarios:
-
Sábado 24 de xaneiro de 10:00 a 14:00 h
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe:
- 25 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte / biciArteixo e asimilados.
- 35 € (Inscrición Xeral)
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
E-mail: cursoseme@sumarte.gal