Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio » Aberto o prazo de inscrición ó curso do Espazo Municipal Ecolóxico «TALLER DE CARPINTERÍA BASICA»

TALLER DE CARPINTERÍA BASICA

Este taller ten como obxectivo coñecer e aprender os fundamentos para traballar a madeira, desde o manexo seguro de ferramentas ata técnicas de corte, ensamblaxe e acabado. Os participantes aprenden a usar ferramentas como martelo, serra, cepillos e formón, a medir e trazar con precisión, e a realizar unións básicas como a de caixa e espiga para construír un obxecto sinxelo.

Dirixido: Afeccionados a carpintería. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Personal do EME

Contidos do temario:

I. Introdución á madeira: Explícanse as súas propiedades e características.
II. Ferramentas: Introdúcese o uso de ferramentas manuais (martelo, serra, formón).
III. Técnicas básicas: Medición e trazado precisos.
IV. Ensamblaxe de pezas, como a de caixa e espiga.
V. Prática: Adóitase traballar na construción dunhas caixeiras e unhos bancos de traballo para aplicar os coñecementos adquiridos.

 

Duración: 4 Horas

Datas e horarios: 

  • Venres 19 de decembro de 16:00 a 20:00 h

Lugar:

Custe:

  • 15 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
  • 25 € (Inscrición Xeral) 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido