
TALLER DE VINAGRES CRUS E NATURAIS
Neste obradoiro descubriremos o fascinante mundo dos vinagres crus e naturais, aprendendo a elaboralos na casa de forma sinxela.
Exploraremos as súas múltiples aplicacións cotiás e remataremos cunha deliciosa degustación.
Dirixido: Afeccionados a cociña. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Soledad Saburido
Contidos do temario:
I. Vinagres crus e naturais: os seus miles de posibilidades.
II. O vinagre, a fermentación acética
III. Elaboración de vinagre en casa, método simplificado
IV. Usos do vinagre cru: vinagre para beber, usos na cociña, como
tónico de saúde, no fogar, na horta.
V. Peche e degustación
Duración: 5 Horas
Datas e horarios:
-
Sábado 20 de decembro de 09:30 a 14:30 h
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe:
- 25 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte / biciArteixo e asimilados.
- 35 € (Inscrición Xeral)
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
O remate do curso todo o mundo levará o seus preparados.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
E-mail: cursoseme@sumarte.gal