
TALLER SEBE VIVA TRENZADA CON SALIX
Este taller ten coma obxectivo aprender a deseñar e crear unha sebe viva trenzada empregando vimbios de Salix, combinando estética e funcionalidade. Ensinaranse técnicas de plantación, trenzado e mantemento para asegurar o enraizamento e crecemento saudable das plantas.
Dirixido: Afeccionados xardiñería. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Rubén Escuredo (Agroforesta)
Contidos do temario:
I. Visión rexenerativa da estrutura viva. Que é unha sebe trenzada e como actúa como peche natural, refuxio de biodiversidade e elemento de mellora progresiva do solo.
II. Deseño e preparación da plantación. Marcaxe da liña, elección de distancias e profundidade axeitada para asegurar un bo enraizamento.
III. Plantación das varas. Colocación e orientación correcta das varas,
garantindo a humidade necesaria para o prendemento.
IV. Técnica de trenzado e anudado. Cruce das varas, control da tensión e
fixación mediante nós para crear unha estrutura firme.
V. Asociación de especies e mantemento.
Duración: 4 Horas
Datas e horarios:
-
Venres 13 de marzo de 16:00 a 20:00 h
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe:
- 25 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte / biciArteixo e asimilados.
- 35 € (Inscrición Xeral)
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
E-mail: cursoseme@sumarte.gal