
AS FERRAMENTAS DA HORTA
Este curso ofrece unha introdución práctica ao uso, mantemento e selección das ferramentas esenciais para o traballo na horta. O obxectivo é que as persoas participantes aprendan a empregar correctamente cada ferramenta para optimizar tarefas como a preparación do solo, a sementeira, o rego e o control de pragas, garantindo seguridade, eficiencia e un bo rendemento no cultivo.
DESTINATARIOS: Afeccionados á horta e/o xardín. Nivel INICIACIÓN.
EQUIPO FORMATIVO: Está constituído por persoal docente do Espazo Municipal Ecolóxico (EME)
CONTIDOS DO TEMARIO:
I. Tipos de ferramentas básicas e as súas funcións
II. Ferramentas especializadas e a súa aplicación na horta
III. Mantemento e almacenamento axeitado.
IV. Limpeza, afiado, desinfección e correcta conservación das ferramentas para
prolongar a súa vida útil e evitar enfermidades nas plantas.
V. Seguridade no uso de ferramentas manuais
VI. Selección de ferramentas segundo o tipo de horta e cultivos
DATAS E HORARIOS: Venres 12 de decembro de 16:00 a 20:00 h (4 h)
LUGAR: Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza) 15142 Arteixo, A Coruña
CUSTE: 25€ Inscrición Xeral / 15€ para empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN
Limitado a 15 prazas que serán cubertas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servizo Municipal de Augas e BiciArteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MATERIAL NECESARIO PARA PARTICIPAR NO CURSO: Luvas e botas de traballo.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Teléfono: +34 981 65 90 90
WhatsApp: +34 698 193 000
Correo: cursoseme@sumarte.gal