Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio » Aberto o prazo de inscrición ó curso do Espazo Municipal Ecolóxico «O ABC DA AGRICULTURA ORGÁNICA» con Jairo Restrepo

 

CURSO «O ABC DA AGRICULTURA ORGÁNICA» 

O Espazo Municipal Ecolóxico segue apostando pola formación práctica e útil para quen quere producir dun xeito sostible. Despois dos cursos impartidos dende o mes de marzo ate o de agora, traemos un curso de tres días da man dun dos maiores referentes da agricultura orgánica a nivel mundial: Jairo Restrepo Rivera.

O equipo formativo

Jairo Restrepo, enxeñeiro agrónomo, consultor e formador, leva máis de 35 anos compartindo coñecemento e experiencias arredor da agricultura orgánica. É coñecido polo seu proxecto La mierda de vaca e polos máis de 30 países nos que impartiu cursos. Nado en Colombia e residente en Brasil, leva toda a súa vida traballando en técnicas para mellorar a fertilidade e a vida dos chans, reducindo a dependencia de produtos externos e apostando por unha agricultura respectuosa co medio.

¿Que imos facer?

Durante estes tres días aprenderemos, de forma práctica e participativa, como:

  • Aumentar a fertilidade do chan e mantelo vivo.

  • Aproveitar mellor os recursos naturais locais.

  • Reducir a dependencia dos insumos de fóra.

  • Recuperar o control sobre as explotacións e gañar autonomía.

É unha oportunidade única para aprender directamente dun referente internacional e compartir experiencias entre persoas que buscan producir alimentos dun xeito máis consciente e rexenerativo.

Detalles do curso

Duración: 24 Horas ( 3 días )

Datas e horarios: 

  • 23-24-25 de Outubro de 10:00 a 14:00h e 15:30 a 19:30h (inclúe pausa-café)

Lugar:

Custe:

  • 105 € (inscrición BONIFICADA) para empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte ou biciArteixo e asimilados.
  • 210 € (Inscrición XERAL)

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

 

30 prazas por orde de inscrición.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido