Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

A Xunta activa a alerta de sequía prolongada nas áreas de A Coruña, Arteixo e Betanzos

Inicio » A Xunta activa a alerta de sequía prolongada nas áreas de A Coruña, Arteixo e Betanzos

A Xunta de Galicia informou que foi declarada a situación de sequía prolongada nas cuencas hidrográficas de A Coruña, Arteixo e Betanzos.

Dende Sumarte, a empresa xestora do servizo de augas de Arteixo, faise un chamamento de concienciación e apela á responsabilidade dos cidadáns co obxectivo de economizar e non caer en perdas innecesarias de agua, con medidas cotiás que fan que con cada pequeno xesto se acaden resultados notables no ámbito xeral.

¿Como se pode facer un uso responsable da auga no día a día?

  • Ter vixiada toda a instalación da vivenda, pechando ou reparando as billas que presenten perdas.
  • Pechar a chave de auga cando se vai ausentar por varios días da vivenda.
  • Lavar os dentes e enxabonarse na ducha sempre ca billa pechada.
  • Empregar o lavalouzas e a lavadora cando estén cheos.
  • Se lavas a man, enxaboa toda a vaixela e aclara todo á vez.
  • Colocar difusores de auga en billas e duchas, que fan que se reduzca o consumo de maneira moi notable.
  • Pensar na auga como un recurso social e medioambiental de suma importancia, como patrimonio da natureza que debo cuidar en todo momento.

Debido a situación de alerta prégase reducir na medida do posible calquera tipo de uso non prioritario ou esencial da auga, como pode ser o baldeo de aceras, lavados de vehiculos, enchido de piscinas ou no uso en instalacións ornamentais e decorativas.

Dende a xestión do servizo xa se están adoptando medidas acordes á situación coa elaboración do «Plan da seca», e faise fincapé na colaboración cidadá no momento de detectar fugas na rede municipal para que se poidan xestionar os avisos e levar a cabo as reparacións pertinentes coa maior celeridade posible.

Ir al contenido