Filtro xeral

Inicio » Bases da convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal para o posto de operario/a de augas ao servizo da empresa municipal servizos urbanos municipais de Arteixo, S.A. (Sumarte).

BASES DA CONVOCATORIA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA O POSTO DE OPERARIO/A DE AUGAS AO SERVIZO DA EMPRESA MUNICIPAL SERVIZOS URBANOS MUNICIPAIS DE ARTEIXO, S.A. (SUMARTE).

A presente convocatoria pública ten por obxecto regular a constitución dunha bolsa de emprego para a cobertura de posibles vacantes temporais derivadas da substitución dun/dunha traballador/a co posto de OPERARIO/A DE AUGAS ao servizo de SUMARTE, con dereito á reserva do seu posto de traballo, vacacións, incapacidade temporal, maternidade ou paternidade, incluíndo adopción e/ou preadopción nacional ou internacional, así como o resto de permisos establecidos no convenio colectivo vixente, postos temporalmente vacantes ou outras necesidades inaprazables e urxentes que poidan concorrer para garantir o adecuado desempeño e funcionamento dos servizos encomendados a SUMARTE.

A contratación terá carácter laboral temporal de duración determinada, na modalidade prevista no apartado terceiro do artigo 15 do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.

 

Enlace ao arquivo no BOP: bases da convocatoria

 

Ir al contenido