Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Bases da convocatoria para unha praza de operario/a de limpeza viaria

Inicio » Bases da convocatoria para unha praza de operario/a de limpeza viaria

A presente convocatoria pública ten por obxecto regular a selección dun/a Operario/a, Grupo D.4 para cubrir as necesidades de SUMARTE con respecto á prestación do servizo de limpeza viaria.

Dita contratación fixa materializarase a través da formalización dun contrato laboral indefinido.

As funcións encomendadas, a título enunciativo que non limitativo, serán as seguintes:

  • Limpeza de rúas e prazas, con escoba, escobón e instrumental facilitado.
  • Limpeza de rúas con sopladora, acompañando á maquinaria varredora.
  • Limpeza de xardíns e parques, recollendo e extraendo dos mesmos a sucidade existente.
  • Respecto a os residuos ou lixo depositados fóra de lugar ou ao redor dos contedores, recollelos e clasificalos convenientemente.
  • Baleirado de papeleiras.
  • Quitar herbas e matojos das rúas e beirarrúas.
  • Limpeza de solares e escampados.
  • Realizar traballos de mantemento e limpeza de praias (movemento de pasarelas, varrido, rastrillado…).
  • Traballos de limpeza de baldeo e desinfección.
  • Condución de vehículos de menos de 3.500 kg.

 

Pódense consultar as bases completas da convocatoria premendo o seguinte enlace.

Ir al contenido