Dase conta da publicación da sede electrónica de Sumarte da convocatoria para a provisión dun posto de auxiliar administrativo na empresa municipal Servizos Urbanos Municipais de Arteixo, S.A.
A Comisión de Selección designada para o proceso de selección dunha praza de auxiliar administrativo/a ao servizo da empresa municipal Servizos Urbanos Municipais de Arteixo, S.A. e creación dunha bolsa de contratación, CONVOCA ás persoas aspirantes para a realización da entrevista curricular da fase de concurso o vindeiro luns 10 de marzo de 2025 ás 10:00 horas no Centro Tecnolóxico de Arteixo (CTA), sito na Avda. Arsenio Iglesias 46 (Arteixo).
Pódese acceder ao documento premendo a seguinte ligazón.