O Servizo Municipal de Augas programa un corte no suministro para o próximo mércores 15 de febreiro do 2023, co obxectivo de acometer melloras na rede xeral.

Será dende as 10:00 h ata as 11:00 h aproximadamente.

O corte afectará, salvo imprevistos, as seguintes zonas:

  • Uxes
  • Sta. Icía
  • Morás
  • Zapateira – Monte Golf

O Servizo de Augas aconsella aos usuarios vixiar especialmente non deixar ningunha billa aberta e non usar lavadoras ou lavalouzas durante o restablecemento do servizo.

Rogamos desculpen as molestias.

Ir al contenido