Abertas inscricións ao taller do Espazo Municipal Ecolóxico “CONSTRUCCIÓN REFUXIOS PARA PÁXAROS E MORCEGOS”

TALLER CONSTRUCCION REFUXIOS PARA PAXAROS E MORCEGOS

Este taller ten como obxectivo coñecer a importancia das aves e dos morcegos no equilibrio dos ecosistemas e fomentar a súa conservación mediante a construción de refuxios artificiais que lles proporcionen lugares seguros para descansar, reproducirse e protexerse.

Dirixido: Afeccionados á horta e xardín. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Javier Cotelo Rama EME

Contidos do temario:

I.Descubrimento das principais tipoloxías de aves e morcegos do noso contorno e da súa función nos ecosistemas.
II.Importancia das aves e dos morcegos no control natural de insectos e na conservación da biodiversidade.
III.Identificación das necesidades de refuxio, reprodución e protección destas especies.
IV.Construción de caixas niño para aves e refuxios para morcegos con materiais adecuados e recomendacións para a súa correcta instalación e conservación.

Datas e horarios: 

  • Sábado 19 de setembro de 10:00 a 14:00h.

Lugar:

Custe por día:

  • 15 €  Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
  • 25 € Inscrición Xeral.

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

 

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

 

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Scroll ao inicio
Ir o contido