
ILUSTRACION NA NATUREZA
Este taller ten como obxectivo desenvolver a capacidade de observación e interpretación da paisaxe a través da ilustración, favorecendo a conexión coa natureza desde unha perspectiva creativa e sensorial. Experimentar co debuxo e a pintura para crear unha obra persoal inspirada na contorna.
Dirixido: Afeccionados á eco-artesanía. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Estefanía Montero
Contidos do temario:
I.Paseo de observación pola contorna para descubrir a vexetación e identificar encadres e composicións de interese.
II. Realización de bosquexos rápidos para explorar formas, composicións e perspectivas da paisaxe.
III. Introdución ás técnicas e metodoloxía do obradoiro mediante exemplos prácticos.
IV. Creación dunha ilustración ou pintura sobre lenzo, experimentando coa cor, a luz e as texturas da natureza.
V. Posta en común das obras realizadas e reflexión final sobre o proceso creativo e a experiencia vivida.
Duración: 4 horas
Fechas y horas:
- Sábado 18 de xullo de 10:00 a 14:00 horas.
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Costo:
- 15 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- Inscripción xeral: 25 €.
Inscrición: Clic na seguinte LIGAZON .
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte(Servicio Municipal de Augas e BiciArteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁS INFORMACIÓN: (De lunes a viernes de 8:00 a 15:00)
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
Espacio Municipal Ecológico: +34 604 01 29 30
WhatsApp: +34 698 193 000
Correo electrónico: cursoseme@sumarte.gal