
CURSO DE BEBIDAS FERMENTADAS NATURAIS
Este curso ten como obxectivo coñecer e aprender os principios da fermentación, o uso de fermentos salvaxes e a preparación de refrescos botánicos únicos. Unha experiencia práctica, saudable e deliciosa que espertará os teus sentidos e a túa creatividade.
Dirixido: Afeccionados a cociña. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Soledad Saburido
Contidos do temario:
I. Introdución á fermentación: historia, tipos de fermentación, exemplos,
anécdotas.
II. Materiais e datos importantes.
III. A fermentación alcohólica.
IV. Os fermentos salvaxes, cultivos nai de flores e froitas.
V. A nai de xenxibre ou Ginger Bug, iniciador versátil para elaborar refrescos
caseiros.
VI. Elaboración de refrescos botánicos e frutais.
VII. Degustación
Duración: 5 Horas