
CURSO DE COSMÉTICA NATURAL
Este curso ten como obxectivo dar a coñecer os principios básicos da cosmética natural, aprendendo a elaborar produtos sinxelos para o coidado da pel e do cabelo a partir de ingredientes naturais, seguros e respectuosos coa saúde e co medio ambiente. Promóvese un consumo responsable e consciente, reducindo o uso de produtos industriais e envases innecesarios.
Dirixido: Afeccionados á cosmética. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Nines Dominguez
Contidos do temario:
I. Que é a cosmética natural: conceptos básicos e beneficios.
II. Diferenzas entre cosmética convencional e cosmética natural.
III. Ingredientes básicos: aceites vexetais, manteigas, ceras e extractos naturais.
IV. Hidrolatos, aceites esenciais e o seu uso seguro.
V. Hixiene, conservación e boas prácticas na elaboración.
VI. Elaboración práctica de produtos cosméticos naturais (crema hidrante, crema do corpo e bálsamo labial). Levarás as túas preparacións.
Duración: 4 Horas