Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio » Proyectos » CURSO «O ABC DA AGRICULTURA ORGÁNICA»

CURSO «O ABC DA AGRICULTURA ORGÁNICA» 

Curso de tres días da man dun dos maiores referentes da agricultura orgánica a nivel mundial: Jairo Restrepo Rivera.

O equipo formativo

Jairo Restrepo, enxeñeiro agrónomo, consultor e formador, leva máis de 35 anos compartindo coñecemento e experiencias arredor da agricultura orgánica. É coñecido polo seu proxecto La mierda de vaca e polos máis de 30 países nos que impartiu cursos. Nado en Colombia e residente en Brasil, leva toda a súa vida traballando en técnicas para mellorar a fertilidade e a vida dos chans, reducindo a dependencia de produtos externos e apostando por unha agricultura respectuosa co medio.

Contido do curso

Aprenderemos, de forma práctica e participativa, como:

  • Aumentar a fertilidade do chan e mantelo vivo.

  • Aproveitar mellor os recursos naturais locais.

  • Reducir a dependencia dos insumos de fóra.

  • Recuperar o control sobre as explotacións e gañar autonomía.

 

Duración: 24 Horas

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Ir al contenido