
TALLER DE TINTES NATURAIS EN PAPEL E HERBARIO
O obxectivo do taller é coñecer e experimentar cos tintes naturais aplicados ao papel. Aprenderase a empregar plantas do herbario como fonte de cor e expresión artística. Búscase fomentar a creatividade e o respecto polos procesos naturais e sostibles.
Dirixido: Afeccionados á eco-artesanía. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Estefanía Montero
Contidos do temario:
I. Introdución aos tintes naturais: que son, a súa orixe vexetal e o seu uso tradicional e contemporáneo.
II. Recoñecemento e selección de plantas do herbario axeitadas para a obtención de pigmentos.
III. Preparación dos tintes e aplicación das cores sobre papel mediante diferentes técnicas.
IV. Experimentación creativa e posta en común dos resultados, valorando os procesos naturais e sostibles.
V. Elaboración dun herbario. Cada participante levará o seu herbario.
Duración: 4 Horas