TALLER ELABORACIÓN DE XABÓNS NATURAIS
Este curso ten coma obxectivo prioritario coñecer as técnicas de elaboración de xabóns naturais, utilizando aceites, graxas vexetais, hidróxido de sodio e auga. Non sendo preciso ter coñecementos previos, posto que se vai aprender todo o proceso, paso a paso.
Dirixido: Afeccionados a artesanía. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Jessica Estraviz Freire (Mar de Miranda)
Contidos do temario:
- Coñecementos básicos sobre a técnica
- Medidas de seguridade a ter en conta
- Formulación e paso a paso
- Consellos prácticos
Duración: 4 Horas
MATERIAL NECESARIO PARA PARTICIPAR NO CURSO: Luvas.