Dase conta da publicación no B.O.P.
Publicación da Resolución relativa ao asunto “Aprobación modificación aplicación das tarifas”
Por Resolución de data 10 de setembro de 2025, ditada polo Director-Xerente de SERVIZOS URBANOS MUNICIPAIS DE ARTEIXO, S.A., D. José Manuel Álvarez-Campana Gallo, acordouse:
PRIMEIRO.- Modificar o réximen tarifario aplicable aos usuarios da tarifa 2.4 “Subministración de auga non potable para usos industrias” no ámbito de afección do informe anteriormente mencionado, que a partir do devengo do padrón do
cuarto trimestre do ano 2025 (dende o 01/10/2025), aplicarase a tarifa: 2.2 “consumos no domésticos”
SEGUNDO.- Expoñer ao público a presente Resolución mediante edicto que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña e na web de SUMARTE. Esta exposición, servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes, nos termos establecidos no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Podendo presentarse as reclamacións oportunas.