Aberto o prazo de inscrición ó curso do Espazo Municipal Ecolóxico «TALLER DE FERMENTADOS VEXETAIS (2ª Ed)»

TALLER DE FERMENTADOS VEXETAIS
(CHUCRUT, KIMCHIÑO E SALMOIRA)
2ª EDICION
Este taller ten como obxectivo aprender a elaborar os teus fermentos vexetais para preservar os alimentos, alargar a súa vida e mellorar a nutrición.
Dirixido: Afeccionados a cociña. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Soledad Saburido (@fermentosdameiga)
Contidos do temario:
I. Introducción a fermentación, tipos e características.
II. A microbiota e os diferentes tipos de microorganismos que levan a
cabo as fermentacións.
III. Materiais que precisaremos e algúns datos técnicos.
IV. Lactofermentación de vexetais. Elaboración de vexetais fermentados:
Chucrut, Kimchiño, salmoira.
V. Degustación de distintos tipos de fermentos.
Duración: 4 Horas
Datas e horarios:
-
Sábado 7 de marzo de 10:00 a 14:00 h
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe:
- 25 € (inscrición + material) para os empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- 35 € (Inscrición Xeral + material)
Ao remate do curso cada participante levará as súas elaboracións en tarros.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
E-mail: cursoseme@sumarte.gal



