O parque forestal de Monticaño é unha das grandes zonas de ocio verde en Arteixo.
Dispón dunha área de 44.000 m² e unha zona verde con camiño para peóns. Nel pódense encontrar plantacións de piñeiro marítimo, carballo, abedul, acebo e tulla. As vistas son espectaculares, abrangue a bahía da Coruña até Ferrol, e pola outra parte, a Costa da Morte ata Malpica.
Coa creación do Espazo Municipal Ecolóxico (eMe) reforzase o sector agrícola no concello. Os cursos de formación para grupos reducidos promoven que a cidadanía poida formarse nos diferentes campos da agricultura ecolóxica.