Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio » Aberto o prazo de inscrición á segunda edición do curso do Espazo Municipal Ecolóxico «As ferramentas da horta»

AS FERRAMENTAS DA HORTA

Este curso ofrece unha introdución práctica ao uso, mantemento e selección das ferramentas esenciais para o traballo na horta. O obxectivo é que as persoas participantes aprendan a empregar correctamente cada ferramenta para optimizar tarefas como a preparación do solo, a sementeira, o rego e o control de pragas, garantindo seguridade, eficiencia e un bo rendemento no cultivo.

DESTINATARIOS: Afeccionados á horta e/o xardín. Nivel INICIACIÓN.

EQUIPO FORMATIVO: Está constituído por persoal docente do Espazo Municipal Ecolóxico (EME)

CONTIDOS DO TEMARIO:

I. Tipos de ferramentas básicas e as súas funcións
II. Ferramentas especializadas e a súa aplicación na horta
III. Mantemento e almacenamento axeitado.
IV. Limpeza, afiado, desinfección e correcta conservación das ferramentas para
prolongar a súa vida útil e evitar enfermidades nas plantas.
V. Seguridade no uso de ferramentas manuais
VI. Selección de ferramentas segundo o tipo de horta e cultivos

 

DATAS E HORARIOS: Venres 12 de decembro de 16:00 a 20:00 h (4 h)

LUGAR: Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza) 15142 Arteixo, A Coruña

CUSTE: 25 Inscrición Xeral / 15€ para empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN

Limitado a 15 prazas que serán cubertas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servizo Municipal de Augas e BiciArteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MATERIAL NECESARIO PARA PARTICIPAR NO CURSO: Luvas e botas de traballo.

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Teléfono: +34 981 65 90 90

WhatsApp: +34 698 193 000

Correo: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido