Sumarte
🔧CAMPAÑA DE RENOVACIÓN DE CONTADORES ACTIVA
Tlf. Incidencias / WhatsApp: 698 193 000 (Luns a Venres de 08:00 a 20:00)
🏢 Empresa adxudicataria: GÓMEZ GROUP
📍 ZONA RURAL
🗓️ Do 11/05/2026 ao 29/06/2026
- Loureda
- Rañal
- Barrañán
- Chamín
- Santaia
- Sorrizo
- Larín
🏢 Empresa adxudicataria: UTE EQUIPOS DE TELELECTURA ARTEIXO
🗓️ Completada 100%.
Arteixo impulsa a dixitalización do auga no rural: 11.000 novos telecontadores para as zonas rurais e de poboación dispersa
No Concello de Arteixo damos un paso decisivo cara á modernización dos nosos servizos públicos. A primeira fase do proxecto inclue a implantación de 11.000 equipos de telelectura de auga potable, destinados especificamente ás nosas zonas rurais , áreas de poboación dispersa e puntos de dificil acceso.
O reto da dispersión e o acceso no rural
O noso municipio presenta un contraste notable entre as zonas urbanas e as áreas rurais, caracterizadas por unha gran dispersión xeográfica e un envellecemento da poboación. Nestas zonas, os sistemas tradicionais presentan dificultades:
-
Contadores obsoletos: Moitos equipos superan os 20 anos de antigüidade, o que compromete a precisión.
-
Acceso complexo: A dispersión fai que as lecturas convencionais sexan ata cinco veces máis lentas e custosas que no centro.
-
Xestión intelixente: A nova tecnoloxía permite superar as barreiras físicas das zonas de difícil acceso mediante a lectura remota.
Beneficios para a veciñanza
A chegada dos telecontadores supón unha transformación positiva na xestión diaria do auga:
-
Lecturas reais e sen molestias: Grazas á telelectura, xa non será necesario o acceso físico ao contador para tomar a nota, eliminando as estimacións e garantindo que cada veciño pague exactamente polo que consome.
-
Control de fugas en tempo real: O sistema detecta de xeito automático calquera consumo anómalo, o que permite reaccionar rápido ante avarías ou fugas, evitando o desperdicio de auga e custos imprevistos.
-
Unha mirada social: Esta tecnoloxía permite monitorizar patróns de consumo, o que pode ser clave para detectar irregularidades en fogares de persoas maiores que viven soas, servindo como unha ferramenta indirecta de apoio ao benestar.