Servizo de augas

Campaña de Renovación de Contadores

Empresa adxudicataria

GÓMEZ GROUP

Zona rural

Loureda - Rañal - Barrañán - Chamín - Santaia - Sorrizo - Larín

Do 11/05/2026 ao 29/06/2026

Arteixo impulsa a dixitalización do auga no rural

/11.000 novos telecontadores para as zonas rurais e de poboación dispersa

No Concello de Arteixo damos un paso decisivo cara á modernización dos nosos servizos públicos. A primeira fase do proxecto inclue a implantación de 11.000 equipos de telelectura de auga potable, destinados especificamente ás nosas zonas rurais , áreas de poboación dispersa e puntos de dificil acceso.

O reto da dispersión e o acceso no rural

O noso municipio presenta un contraste notable entre as zonas urbanas e as áreas rurais, caracterizadas por unha gran dispersión xeográfica e un envellecemento da poboación. Nestas zonas, os sistemas tradicionais presentan dificultades:

Contadores obsoletos

Moitos equipos superan os 20 anos de antigüidade, o que compromete a precisión.

Acceso complexo

A dispersión fai que as lecturas convencionais sexan ata cinco veces máis lentas e custosas que no centro.

Xestión intelixente

A nova tecnoloxía permite superar as barreiras físicas das zonas de difícil acceso mediante a lectura remota.

Beneficios para a veciñanza

A chegada dos telecontadores supón unha transformación positiva na xestión diaria do auga:

Lecturas reais e sen molestias

Grazas á telelectura, xa non será necesario o acceso físico ao contador para tomar a nota, eliminando as estimacións e garantindo que cada veciño pague exactamente polo que consome.

Control de fugas en tempo real

O sistema detecta de xeito automático calquera consumo anómalo, o que permite reaccionar rápido ante avarías ou fugas, evitando o desperdicio de auga e custos imprevistos.

Unha mirada social

Esta tecnoloxía permite monitorizar patróns de consumo, o que pode ser clave para detectar irregularidades en fogares de persoas maiores que viven soas, servindo como unha ferramenta indirecta de apoio ao benestar.

Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia. Financiado por la Unión Europea NextGenerationEU
Scroll al inicio
Ir al contenido